fbpx
Participantes nun trail correndo polos muros do castro de Santa Tegra / Santiago BazLomba - Rede do Patrimonio Galego

Así foi 2020: Unha maratón polos muros do Trega

Tempo de lectura: < 1 min.

No mes de outubro a Rede do Patrimonio de Galicia denunciaba un novo atentado contra o patrimonio no mesmo castro do Tegra. Era nada menos que unha maratón por enriba dos muros do xacemento arqueolóxico. Numerosos participantes correron directamente por enriba dos muros das edificacións escavadas.

Tratábase dun evento deportivo con máis de 200 participantes, 18,5 quilómetros e un desnivel acumulado de 1.100 metros, organizado pola Deputación de Pontevedra e o Concello da Guarda a través da empresa Time Adventure. O feito deu lugar a unha enorme reacción tras a publicación no noso medio, así como noutros grupos e páxinas nas diferentes redes sociais.

Tras o acontecido, a organización do evento pedía desculpas nas súas redes sociais. Tamén comunicaba que fora o vento o que levara as balizas que delimitaban o percorrido deixando o xacemento arqueolóxico exposto ó paso dos participantes na proba. Porén tras a denuncia da Rede a Dirección Xeral de Patrimonio informaba que abriría dilixencias para determinar as circunstancias nas que se produciu o trail, pois o xacemento é  Ben de Interese Cultural.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...