fbpx
Fonte Troncoso / foto Listaxe Vermella do Patrimonio

A excepcional fonte de Mondariz de Antonio Palacios pasa a mans do Concello polo seu abandono

Tempo de lectura: < 1 min.

A excepcional Fonte Troncoso de Mondariz , deseñada por Antonio Palacios, xa é un ben do propiedade do Concello de Mondariz Balneario. Así se desprende dun auto do xulgado número 5 do Mercantil de Madrid do 20 de novembro que se autoriza a cesión do inmoble ó consistorio polo incumprimento do deber de conservación do ben recollido no o artigo 32 da Lei 5/2016, de 4 de maio, de Patrimonio Cultural de Galicia.

A fonte, lugar no que nacerían as históricas augas de Mondariz, forma parte do catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia e se atopaba en ruínas dende fai décadas. De feito, a excepcional obra de Palacios xa sufrira no ano 2019 un importante derrube e fora inscrita na Listaxe Vermella do Patrimonio, de Hispania Nostra polo seu perigo inminente.

A auto de cesión xurde da apertura por parte da Valedora do Pobo dunha investigación polo incumprimento do deber de conservación do seu propietario, Fontes Capital S.A. Pola súa banda o Concello de Mondariz Balneario iniciou tamén en marzo de 2019 un expediente en relación co estado de ruína en que se atopaba a fonte, informando o seu interese en facerse coa propiedade para poder reparar os danos.

No proceso averiguouse a propiedade e informóuselle por escrito da situación do inmoble e do malestar dos veciños. Dende a administración concursal da empresa indicouse que o inmoble non figuraba como activo da entidade e que non podían acometer as obras. Tendo en conta isto e a “urxencia de intervir para evitar un dano irreparable” a Valedora do Pobo dirixiuse ó órgano xudicial que confirmou a cesión da Fonte do Troncoso ó Concello.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...