fbpx
Petróglifo localizado en Mondariz.. XUNTA

Aparece un petróglifo en bo estado e sen catalogar en Mondariz

Tempo de lectura: < 1 min.

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Vigo localizaron, coa colaboración dun veciño, un petróglifo sen catalogar no concello de Mondariz, concretamente no Monte Cabaleiro.

A súa localización produciuse, posiblemente, como consecuencia dos incendios de outubro de 2017, tras os que a choiva limpou a zona e a terra que cubría a roca e o seu gravado. Toda a información en Xornal de Vigo.

Pode que che interese...