fbpx
Machada sacrifical achada no castro de Viladonga en Lugo / foto Xunta de Galicia

Así foi 2020:  Aparece unha excepcional machada galaica en Viladonga

Tempo de lectura: < 1 min.

Podería considerarse un dos grandes achados do ano. Unha machada ritual duns 13 centímetros, feito en bronce e con excepcional decoración dado a coñecer no mes de xuño. Trátase dunha machada votiva con sogueados e formas de torques. Tamén cun prótomo de touro, un xabaril e un carneiro, unha decoración única.

A machada apareceu durante a última campaña de traballos no castro, no recentemente descuberto alxibe monumental. Segundo os expertos a peza estaría relacionada con ritos de sacrificio desenvolvidos na segunda Idade de Ferro no noroeste peninsular. A machada é, sen dúbida, a máis excepcional dentro dunha tipoloxía na que se contan uns poucos exemplares atopados en lugares como Cariño, Lalín, Mondoñedo ou Cervo, e das que demos conta neste outro artigo.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...