fbpx
Casa Carniceiro, de Rafael González Villar / foto proyectopalmera.com

Así foi 2020: Arde a Casa Carniceiro de González Villar de Oleiros

Tempo de lectura: < 1 min.

O xoves 16 de xullo perdíase para sempre unha das xoias do arquitecto coruñés Rafael González Villar. Tratábase da singular Casa Carniceiro que se atopaba ó pé da ponte da Pasaxe, no concello de Oleiros. A casa foi presa dun lume do que aínda se descoñecen as causas, que obrigou a desaloxar o edificio lindante e a mobilizar varias dotacións de bombeiros.

A singular vivenda foi construída no ano 1916 ó pé da ría para empresario e amigo do arquitecto, que tiña un viveiro de ostras. Construído nun estilo propio da primeira etapa do arquitecto con influencias rexionalistas, eclécticas e decó, a singular vivenda permaneceu en pé máis de cen anos. Porén coa era do desenrolismo sufriu o abasallamento de grandes construcións de ata oito alturas na contorna, acabando abandonada por décadas.

A casa, que contaba con protección estrutural no PXOM, será finalmente derrubada pois tras a visita do arquitecto municipal determinouse que as paredes, o único que ficaba aínda en pé, quedaron especialmente danadas. Segundo a Garda Civil no momento do lume a casa non estaba ocupada, tal e como se suxeriu dende algún medio de comunicación.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...