fbpx
Imaxe do banco sobre a pía e uns petróglifos no monte de San Lois, en Noiga / A Rula

Así foi 2020: Noia instala “o peor banco do mundo”

Tempo de lectura: < 1 min.

Como todos os anos o 2020 trouxo tamén unha enorme cantidade de desfeitas patrimoniais. Unha dás máis rechamantes aconteceu no Concello de Noia. Alí se instalou, no alto do Monte San Lois, un banco panorámico directamente enriba dunha estación de petróglifos.

A desfeita foi denunciada no mes de febreiro polo Colectivo A Rula que se atopou con ela durante unha visita ó monte para estudar as súas conexións visuais co Louro. Os petróglifos que non se atopan catalogados e teñen un alto nivel de erosión, porén, son de feitura clara e apreciables a simple vista.

Tras a denuncia do atentado e a súa difusión nos medios, técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio acudiron ó lugar para supervisar a retirada do banco. O Concello de Noia, pola súa banda, asegurou que a retirada se realizou “por decisión propia” e que o petróglifo non estaba inventariado, nin catalogado, nin constaba no PXOM ou no Plan Básico Autonómico. Aínda que o peor banco do mundo xa non se atopa no lugar a pedra quedou danada.

Pode que che interese...