fbpx
Escavación no Claustro da Catedral de Lugo / Xunta

Atopan unha gran necrópole que conserva osos humanos entre restos romanos e medievais en Lugo

Tempo de lectura: < 1 min.

A Xunta realiza unha serie de sondaxes arqueolóxicas no Claustro da Catedral de Lugo, unha actuación que se iniciou o pasado mes de novembro e que está a piques de terminar tras descubrir varios muros romanos e medievais e unha necrópole de tumbas rectangulares.

As sondaxes realizáronse nunha superficie de 18 metros cadrados e permiten constatar unha superposición de restos arqueolóxicos de diferentes épocas históricas, desde a romana ata a actualidade. Concretamente, os traballos de campo, que están a piques de terminar, permitiron descubrir unha construción da época romana que apareceu no oeste do claustro e que parece continuar en ángulo recto en dirección norte. Así mesmo, constatouse a aparición duns muros que poderían formar parte do antigo claustro medieval da Catedral.

Doutra banda, a Xunta destacou que as sondaxes tamén serven para documentar, por enriba dos anteriores muros, unha necrópole de tumbas rectangulares. Neste punto, existe unha clara superposición deste tipo de enterramentos, algúns dos cales aínda conservan restos de ósos humanos que se están estudando para pescudar a época á que pertencen. Toda a información en Lugo Xornal.

Pode que che interese...