fbpx
Corta dos cedro da Rolda de Don Bosco / foto Vigo Histórico

Novo arboricidio en Vigo: cortan cedros de máis de 20 metros na Rolda de Don Bosco

Tempo de lectura: 2 min.

O centro monumental de Vigo sufriu no día de onte un novo arboricidio. Trátase dos dous últimos cedros de gran porte que crecían na praza da Rolda de Don Bosco. Os cedros, duns de 20 metros e de maior altura que os edificios circundantes, eran os últimos do lugar, despois de que nos traballos de humanización se procederá a corta de outros exemplares caídos de menor porte.

Daquela sinalábase dende o Concello que se fixera por causas de inestabilidade e comprometíase a plantar outras de semellante tamaño. Porén, comprometérase a manter os cortados no día de onte. Mais informes técnicos recomendarían a súa tala por risco de derrube. Os cedros estaban catalogados e protexidos segundo o propio inventariado municipal.

Varios medios e asociacións recolleron o feito e denunciaron nas redes o incumprimento da promesa por parte da alcaldía de mantelos. Unha delas foi Vigo Histórico, asociación que leva meses pelexando contra o túnel da Porta do Sol, que pasa polo que outrora foi o corazón da cidade histórica e onde se atoparon importantes restos arqueolóxicos.

Dende a asociación se afirma que “Don Bosco era un recuncho singular, con identidade e con encanto, que estaba ben como estaba a falta de algún pequeno arranxo. Agora temos unha explanada de granito con promesas de árbores novas. Pero nunca serán as que levaban décadas dando sombra. Outro patrimonio que se estraga de forma innecesaria”.

Esta corta, xa polémica de entrada únese a outros polémicos arboricidios recentes na cidade. O máis polémico foi na nova pasarela da Gran Vía, inaugurada o pasado mes de novembro. Mais non foi o único, pois xa no mes de maio saltaba a polémica tamén, tal e como recollemos no seu momento, por unha corta de 15 grandes árbores no Monte do Castro para darlle visibilidade á muralla.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...