O misterio dunha escavación en Cervo: máis de 130 bolsas de restos cerámicos en catro pequenas catas | Historia de Galicia
Resto cerámico atopado no xacemento de Coído, en Cervo / MARIÑA PATRIMONIO

O misterio dunha escavación en Cervo: máis de 130 bolsas de restos cerámicos en catro pequenas catas

Tempo de lectura: < 1 min.

A escavación na zona de Coído, no polígono industrial de Cuíña (Cervo), confirmou a existencia dun xacemento, aínda que por agora este sitio arqueolóxico ofrece máis preguntas ca respostas aos arqueólogos, que dubidan sobre a cronoloxía e a funcionalidade do mesmo.

Así o expuxo Manuel Miranda, o presidente de Mariña Patrimonio, asociación que co financiamento da área de cultura da Deputación de Lugo e a colaboración do Concello de Cervo, titular dos terreos, impulsou a escavación, nunha zona que non está catalogada pola Dirección Xeral de Patrimonio a pesar da insistencia desta asociación.

Pero o máis significativo do xacemento é a enorme profusión de cerámica, xa que os especialistas encheron “máis de 130 bolsas” con restos cerámicos malia realizaren catas pequenas, nunha semana de traballo. A empresa Gabinete Arqueoloxía Xestión, efectuou catro catas en distintas zonas do xacemento. Polo momento, non se sabe se esas pezas son da Idade do Bronce ou da época medieval. Toda a información en Xornal da Mariña.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: