fbpx
Rúa do Vilar / foto Nair CCBY Wikimedia

Queres coñecer as pantasmas que aínda viven nos pazos de Compostela?

Tempo de lectura: < 1 min.

Das antigas casas e pazos de Santiago de Compostela aínda poden escoitarse historias das ánimas e pantasmas que as habitan. Escritos sobre os misterios deses espectros que vagan polas vellas construcións da cidade e que agora poden atoparse nun libro que se pode conseguir de balde.

Trátase do libro O Sangue das Pantasmas, do xornalista e profesor universitario Manuel Gago. O libro é o primeiro volume dentro dunha nova liña editorial editado froito da colaboración entre o Festival Atlántica coa libraría Couceiro. O libro será agasallado pola libraría coa compra de calquera doutro volume.

O Sangue das Pantasmas foi concibido dende a ausencia de traballos que recollan este tipo de historias nos abundantes pazos e casas vedrañas, nun territorio cunha forte tradición de mortos e aparecidos, e a diferenza do que ocorre noutros lugares como Escocia. O libro oriéntase, pois, a trasladar esta tradición oral de bruxas e ánimas ó enfoque das rutas e lugares, nunha dimensión relativamente inexplorada na escrita galega e que o autor define como un texto de autoficción.

Manuel Gago co libro O Sangue das pantasmas / foto manuelgago.org

 

 

 

Pode que che interese...