fbpx
Monumento a Emilia Pardo Bazán nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña / foto Zarateman CC-By Wikimedia

Unha exposición na Biblioteca Nacional e un congreso no centenario de Emilia Pardo Bazán

Tempo de lectura: 3 min.

Precursora do feminismo, loitadora pola igualdade e unha intelectual única que deixou un enorme legado literario, investigador e social. E é que o legado de Emilia Pardo Bazán será froito dunha exhaustiva revisión neste vindeiro 2021 con motivo do centenario do seu pasamento.

Neste 2021, ademais da devolución ó Estado do Pazo de Meirás, residencia da escritora, organizarase unha exposición itinerante na Biblioteca Nacional e un congreso no que se revisará a transcendencia da súa figura. Tamén é o ano no que podería declararse Ben de Interese Cultural (BIC) a biblioteca da autora, con 10.855 volumes custodiados na sede da RAG e en Meirás.

Un congreso con preto dun cento de especialistas

Emilia Pardo Bazán nun retrato de Isidro Fernández Fuertes / foto PD Wikimedia

O reitor da Universidade de A Coruña, Julio Abalde, presentaron onte o pasado xoves o Congreso Internacional Emilia Pardo Bazán no seu centenario. Literatura e vida nos séculos XIX, XX e XXI. O Congreso reunirá en setembro na cidade da Coruña a preto dun cento de especialistas na autora. O congreso ten por obxectivo seguir avanzando no coñecemento da súa obra desde un punto de vista transversal.

O congreso, que se celebrará na cidade natal de Pardo Bazán, estará organizado por investigadores das tres universidades galegas e pola Real Academia Galega, agrupados en cinco grupos de investigación e o o programa de Doutoramento Interuniversitario en Estudos Literarios (UVigo e UDC).

O congreso está coordinado polo catedrático José María Paz Gago e conta coa co-dirección científica das docentes e investigadoras Cristina Patiño (USC) e Pilar Couto (UDC).  O preto dun cento de especialistas analizarán a vida e obra da autora de xeito multidisciplinar, tanto desde perspectivas historicistas como filolóxicas e críticas.

Emilia Pardo Bazán escribindo nunha / foto de Emilio Ferrer foto PD Wikimedia

Unha exposición na Biblioteca Nacional

A Biblioteca Nacional de España (BNE) impulsará tamén unha gran exposición en 2021 sobre a figura de Emilia Pardo Bazán, coincidindo co centenario do pasamento da autora. A directora da Biblioteca Nacional, Ana Santos, o presidente de Acción Cultural Española, José Andrés Torres, e o Conselleiro Román Rodríguez pecharon o para organizala o pasado día 1 o acordo nunha reunión mantida na sede da BNE.

A mostra incluirá máis de 200 pezas procedentes tanto da Biblioteca Nacional como doutras institucións privadas. O obxectivo da iniciativa é amosar a modernidade dos retos literarios, intelectuais, persoais e políticos de Pardo Bazán, así como a súa dimensión europea e transnacional, sen deixar de lado a súa pegada en Galicia. Tamén as relación cos seus coetáneos e a súa participación nos intelectuais e políticos da época.

A exposición nace coa vontade de converterse na gran mostra do centenario e contará coa implicación de especialistas como Isabel Burdiel, catedrática da Universidade de Valencia e biógrafa da autora. A mostra, que está pensada para inaugurarse en Madrid e itinerar posteriormente á cidade da Coruña, revisará a vida e a obra da novelista máis sobranceira do seu tempo, así como pioneira nas ideas feministas, e intelectual de primeira orde.

 

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...