fbpx
Frame do vídeo / TVE a la carta

Vídeo: así se vía Santiago de Compostela en 1967 en TVE, co edificio Castromil e as Marías

Tempo de lectura: < 1 min.

Así era un Santiago de Compostela no que aínda estaba en pé o edificio Castromil, no que aínda podía verse polas súas rúas de pedra a Coralia e Maruxa, un Santiago sen a maoría dos ensanches. Unha cidade compacta, histórica, caracterizada pola zona vella e rodeada por completa de agros unha cidade de mercados, de estudantes e de grandes chemineas.

Así é o Santiago de Compostela que pode verse no documental “Santiago de Compostela”, filmado por Claudio Guerín Hill, un dos directores de cine pioneiros dos últimos anos do Franquismo. O documento foi creado para ser emitido dentro do programa Conozca usted España da TVE. O documental pode verse en TVE a la carta.

Farme do vídeo e link / TVE a la carta

 

A fatalidade fixo que o director, de orixe sevillana, morrera en 1973 non moi lonxe de Santiago de Compostela, na vila de Noia. Foi mentres rodaba o filme La campana del infierno nunha toma en San Martiño de Noia preparando un plano de difícil toma. Guerín tratou de saltar dende un voadizo da igrexa a outro perdendo o equilibrio e caendo dende 20 metros de altura. Finou antes de chegar ó hospital.

 

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...