fbpx
Castro de Ligunde, detalle da memoria do proxecto / foto miteco.gob.es

A senda litoral de Camariñas esquiva o esquecido xacemento da Punta dos Castros

Tempo de lectura: 2 min.

A senda entre Area da Vila e Lingunde en Camariñas non afecta ó castro. Este é o resultado dun informe dun estudo arqueolóxico que evitará que o xacemento se vexa afectado pola obra, así como que a intervención financiada por Costas para a mellora deste trazado de Camiño quede sen executar.

E é que o Concello de Camariñas confirmou mediante un estudo arqueolóxico que a futura senda entre Area da Vila e Lingunde non afecta ó xacemento. Logo deste resultado, o informe xa se presentou en Patrimonio para que a Dirección Xeral autorice para a posterior licitación por parte de Costas do Estado e de poda desenvolver a obra.

Trátase dunha actuación que resultaría fundamental para poder desbloquear a situación e que se puideran comezar unhas obras demandadas dende fai tempo polo Concello. A intervención incluíu a limpeza manual da vexetación por parte dos operarios municipais, efectuada con control arqueolóxico e a valoración de posible existencia de restos no lugar.

Roza no castro de Lingunde en Camariñas / foto Concello de Camariñas

Segundo se afirma dende o Concello “tívose especial coidado nun tramo de cantil costeiro duns 50 metros de lonxitude, desde onde finaliza o paseo marítimo da praia de Area da Vila á parte superior de Punta dos Castros, onde interesaba valorar a posible existencia de restos”. Pois a intención é que no futuro se poida desenvolver unha rampla que dea continuidade ó paseo e comunique con seguridade os dous espazos.

O concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Sergio Caamaño, destacou que “esta vía, pola que discorre o Camiño dos Faros, permitirá mellorar a seguridade dos viandantes, ademais de ver colmada unha demanda que viña de anos atrás”. Resta agora que as administracións tomen agora a iniciativa para intervir o propio xacemento para a súa investigación e posta en valor.

 


 

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...