fbpx
Cabeza de Sabardes recreación virtual, colectivo a Rula

Aparece a misteriosa cabeza de Sabardes

Tempo de lectura: < 1 min.

A finais do mes de decembro dábase a voz de alarma, a misteriosa cabeza de Sabardes desaparecía do lugar no que estaba localizada, nunha fachada dunha vivenda particular en Sabardes, concello de Outes. A imaxe, de curiosa feitura e orixe aínda descoñecido, na que reparara o Colectivo A Rula, desaparecía do lugar sen que eles, nin os expertos, nin o propio Concello souberan do paradoiro da peza.

Agora, segundo publica El Correo Gallego, que tamén publicou a súa desaparición, a cabeza acabaría de aparecer de novo. Así o tería confirmado Manuel González, alcalde de Outes, ó medio. A escultura estaría localizada e custodiada polo Concello, que “traballará en coordinación co goberno galego no seu estudio e protección”. E é que dende a administración de Outes terían  remitido xa á Dirección Xeral de Patrimonio un informe elaborado polo arqueólogo Manuel Lestón sobre a peza. Polo momento descoñécense máis datos sobre a desaparición.

 

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: