Así foi a singular campaña na que o románico da Ribeira Sacra pediu coidarte fronte á pandemia
Sobre unha imaxe aterradora dun capitel cheo de monstros a lenda “o bicho anda solto” ou nun canzorro cun delicado entrelazado “un abrazo imposible”. Estes son dous dos oito exemplos de como, ó longo do pasado Nadal, o románico da Ribeira Sacra nos pedía que nos coidaramos durante a pandemia.
Trátase dunha singular iniciativa da asociación O Sorriso de Daniel, un dos grandes defensores e divulgadores do románico galego. A campaña, difundida en redes sociais, aconsellaba coidarnos fronte o virus, baseándose en singulares detalles do noso románico.
- Canzorro de San Salvador de Sobrado de Trives f detalle da campaña de O Sorriso de Daniel
- Pórtico de Santa Cristina de Ribas de Sil
- Canzorro de San Salvador de Sobrado
A necesidade do uso de máscara, a conveniencia de ventilar, a recomendación de limitar o aforo nas reunións de familia ou a de gardar unha distancia social con outras persoas non convivintes foron algúns dos temas divulgadas xunto a estes elementos. Capiteis, canzorros ou mesmo un apostolado de edificios como Santa Cristina, Santo Estevo ou San Salvador foron os históricos protagonistas.
A Campaña lanzouse co apoio do consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, que tamén está a publicar nas súas redes esta gráfica, e o Sorriso vén de enmarcar todas as gráficas, unha totalidade de oito, para envialas á UNESCO. Trátase dunha medida máis para avaliar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial neste 2021. As imaxes están en galego, castelán e inglés.
- Canzorro de San Salvador de Sobrado de Trives
- Apostolado de Santo Estevo de Ribas de Sil
- Capitel de San Salvador de Ribeira de Pantón