fbpx
Ponte do Bibei no documental RTVE / frame do vídeo

Así se ven as vías romanas e a ponte do Bibei nun orixinal documental de enxeñería romana emitido por RTVE

Tempo de lectura: < 1 min.

O traballo dos canteiros romanos para desmontar os montes de Valdeorras ou a ponte do Bibei. Estes son dous dos elementos galegos que serviron para amosar como os romanos construíron unha das súas máis excepcionais obras de enxeñería de todos os tempos, a súa excepcional rede de estradas.

Como se proxectaban, construían e como se mantiñan; as obras de enxeñería que se tiveron que construír para elas, como pontes, desmontes ou túneles; as construcións a súa beira, como vilas; o seu trazado ou a importancia da súa extensión.

Trátase do documental  Ingeniría Romana: Caminos, emitido o pasado mércores en La 2 de TVE, dentro do espazo Documaster e que pode verse agora A la carta. O programa narrado polo historiador Isaac Moreno explica con singulares imaxes e recreacións en 3D a importancia dunha das redes de enxeñería máis importantes de todos os tempos.

Pode que che interese...