fbpx
Plano da Intervención de Pontevedra no Camiño de Santiago / foto Concello de Pontevedra

Así será a nova imaxe do Camiño de Santiago de Pontevedra dende a Ponte do Burgo

Tempo de lectura: 3 min.

Despois da recuperación da súa ponte histórica Ponte do Burgo, Pontevedra enfróntase a unha das súas materias pendentes: a recuperación do treito do Camiño de Santiago que continúa á ponte, na saída da cidade. Trátase dunha zona cun especial atractivo patrimonial con diversas vivendas tradicionais e históricas, pero ata o de agora esquecido.

E é que Demetrio Gómez, concelleiro de Obras, presentaba o pasado venres o proxecto básico para a Rúa da Santiña, na contorna do Burgo. Tratase da renovación dun dos tramos máis importantes do Camiño de Santiago na cidade no que se combinará o modelo de cidade co rural e urbano. Os traballos iniciaranse a finais deste ano ou comezos de 2022.

Zona da intervención / foto Concello de Pontevedra

A obra estará deseñada por Abalo e Alonso Arquitectos, que desenvolveron o seu proxecto tras un importante traballo de participación cidadá. No proxectos tivéronse en conta as achegas da asemblea veciñal do barrio, para conformar un proxecto non só pensado nos peregrinos senón tamén nos residentes.

 Segundo declaraba o representante municipal, “o proxecto combina a calidade urbana do modelo de cidade coa paisaxe do rural ó completar”. Segundo Gómez “Pontevedra é a cidade que mellor trata os tramos do Camiño”.

Ponte do Burgo de Pontevedra tras a súa rehabilitación / foto Historia de Galicia

As arbores protagonistas do proxecto

No proxecto o obxectivo dos arquitectos foi “coser” os diferentes tramos da rúa para darlle un carácter único a esta actuación. Así a obra divídese en dous tramos, no primeiro, máis inmediato á Ponte do Burgo o proxecto mantén un carácter máis urbano debido á presenza dos bloques de vivendas, e no segundo, ata a Rúa da Gándara, ofrécese unha imaxe máis rural.

Porén para todo o conxunto elixiuse a pavimentación con formigón lavado, en conxunto con diversas estancias, mobiliario e tomando especial protagonismo as árbores. Estas plantaranse segundo os diferentes tramos da rúa. Partirase de especies tipo liquidámbar nos cruces da zona máis próxima á ponte do Burgo. A continuación instalarase unha fila de ameixeiras púrpuras na zona máis urbana. Por último zona máis rural plantarase unha liña de chopos.

Plano da Intervención de Pontevedra no Camiño de Santiago / foto Concello de Pontevedra

 Zonas estanciais ó longo da rúa

 Ademais o deseño proxecta establecer varias zonas de estancia ó longo da rúa. Farase coa instalación de bancos illados nas zonas máis estreitas así como nos cruzamentos. Tamén se crearán outras zonas estanciais nos espazos con maior arborado, con cadeiras illadas e bancos lineais. Por último establecerase unha zona de descanso no extremo norte da rúa coa recuperación da fonte existente neste tramo.

Ademais a reforma comprenderá a renovación de todos os servizos de sumidoiros, auga e electricidade, así como as conexións de gas e telecomunicacións. A iluminación seguirá o patrón da zona histórica, con báculos illados suxeitos nas fachadas. Tamén se marcará coa sinalización icónica habitual o percorrido do Camiño.

Pontevedra / foto Concello de Pontevedra

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...