fbpx
O país da Moura frame do vídeo

Coñece o documental que conta a historia da moura que levanta os dolmens

Tempo de lectura: < 1 min.

Unha moura que constrúe os dolmens, que está detrás do arco da vella, que transporta os grandes penedos ou que está detrás de lendas como a nacemento do Miño. Tamén da que en Historia de Galicia falamos en moitas ocasións na súa faceta de deidade ou de vella. Agora a moura galega será protagonista dun novo documental.

Trátase de  O país da Moura, un proxecto do antropólogo Rafael Quintía, con Valentín García Bóveda como produtor e con Miguel Alonso como responsable da realización técnica. O proxecto está desenvolvido pola empresa Ab Origine.

E é que, con case dúas horas e media de metraxe e dividida en once capítulos, este traballo antropolóxico conta a historia da principal personaxe da mitoloxía galega. Faino a través dos testemuños de varios expertos, como Antonio Reigosa, Buenaventura Aparicio Casado, Anxo Rosales, o propio Rafael Quintía, ou a nosa colaboradora Lidia Mariño.

Tamén dende a recopilación dos testemuños da veciñanza de máis de 30 concellos das catro provincias. O documental recolle a investigación do propio Quintía titulada Análise estrutural e simbólica do mito da Moura galega, Premio Vicente Risco na súa vixésima edición.

Porén o autor quixo darlle voz e imaxe a xente que mantén viva esta testemuña oral e empregar o soporte audiovisual como ferramenta para complementar o traballo. Non en balde trátase de contar o que seguramente é o mito máis importante do noso folclore.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: