fbpx
Hórreo asturiano regabilitado / foto locuig CC0

Asturias subvenciona unha vez máis a rehabilitación dos seus hórreos con ata 7.500 euros cada un

Tempo de lectura: 2 min.

150.000 euros en axudas para a rehabilitación hórreos, paneras e cabazos, así como outros elementos de interese etnográfico. Estas son as axudas que, unha vez máis, a Consejería de Cultura, Política Llingüística y Turismo de Asturias acaba de convocar para obras de conservación restauración ou rehabilitación destes elementos.

Ás subvencións poderá optar calquera persoa ou institución sen ánimo de lucro que sexa propietario de forma individual o compartida destes elementntos etnográficos que formen parte do Patrimonio Cultural de Asturias. As axudas terán unha cantidade máxima de 7.500 euros por cada un.

Iso si, quedarán excluídos da convocatoria aqueles elementos etnográficos que sexan Bens de Interese Cultural ou que figuren no Inventario do Patrimonio Cultural de Asturias. Porén serán beneficiarios aqueles elementos incluídos nos catálogos urbanísticos municipais.

Hórreo nunha aldea de Asturias / foto locuig CC0

Tamén aqueles outros anteriores a 1940, mostras notables pola súa talla, a súa decoración, as súas características construtivas ou por formar conxuntos, nos concellos sen inventario. O prazo da presentación da solicitude das subvencións será ata o 11 de febreiro.

A última convocatoria en 2019

E é que esta non é a única convocatoria que a Comunidade Autónoma veciña sacou para recuperar os seus hórreos, senón que éstas son unha constante do goberno do Principado de Asturias. Pois en maio de 2019 o BOPA publicaba unha convocatoria moi semellante a actual.

A convocatoria cos mesmos orzamentos e contías, así como proceso de axudas do mesmo similar ó actual, faise por concorrencia competitiva. Valoraranse criterios como singularidade, valor histórico, localización e entorno ou a integridade do propio hórreo. Tamén o feito de formar un conxunto con outros elementos patrimoniais como vivendas tradicionais.

Hórreo asturiano rehabilitado / foto Adolfobrigido CC-By Wikimedia

É así como en Asturias os hórreos tratan de manterse en plena ligazón co entorno e coa cultura inmaterial na que se crearon. Pois ata datas moi recentes, e segundo a lei de Patrimonio Cultural de Asturias, os hórreos só podían ter uso como almacén e sempre vinculados á vivenda. A presión social e a gran valorización destes elementos nos últimos anos, fixeron cambiar este último aspecto.

Hórreo asturiano / foto Isa1374 CC-By Wikimedia

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...