fbpx
Edificio histórico en Santiago / Consorcio de Santiago

Cando galerías, portas, balcóns ou reixas constrúen o centro histórico

Tempo de lectura: 2 min.

Elementos de madeira como galerías, fiestras e portas, tamén balcóns e reixas, -en particular as reixas tradicionais- e o mantemento da envolvente exterior dos inmobles. Este é destino das novas axudas do programa “Terémanter” do Consorcio de Santiago para a cidade histórica.

Trátase dunha nova convocatoria dirixida á rehabilitación destes elementos especiais, así como doutras intervencións na envolvente do edificio, como as propias cubertas. E é que o tratamento destes elementos é un dos traballos máis coidadosos que a Oficina de Rehabilitación está a desenvolver dende os seus orixes.

O obxectivo é así continuar co traballo de mantemento dun centro histórico de excelencia a través destes elementos. Para isto o organismo interadministrativo destinará a esta convocatoria un importe total  de 410.000 euros dando un prazo de solicitude ata o vindeiro 26 de febreiro.

Galerías do centro histórico / foto Concello de Santiago de Compostela

Axudar e orientar ós residentes

Os elementos especiais de madeira e reixas, inclúen as galerías, balcóns, ventás e portas de entrada ós edificios. No tocante ás obras de mantemento da envolvente exterior, inclúense fachadas exteriores, patios interiores e cubertas. Tamén as obras de mellora da eficiencia enerxética do edificio relacionadas coa envolvente e o illamento da cuberta.

Poderán beneficiarse destas axudas tanto as persoas físicas ou xurídicas como agrupacións. Tamén propietarias, inquilinas ou aquelas que teñan algún dereito de uso sobre os inmobles así como as comunidades de propietarias.

As axudas inclúen tamén a asistencia técnica en todo o proceso, podéndose solicitar que os técnicos do Consorcio elaboren a documentación técnica necesaria para a realización das obras de pequena entidade. Tamén se encargarán nelas da dirección e da coordinación de seguridade e saúde.

Centro histórico de Santiago / foto carmen_carbonellCC0

Metros, nivel de ingresos e interese arquitectónico do inmoble

Porén como condición pedirase que teñan unha antigüidade superior ós dez anos. Tamén que presenten condicións suficientes de seguridade estrutural e de estanquidade fronte á choiva e estean destinadas a vivenda ou a outros usos que se axusten á Normativa Urbanística do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica.

Para a avaliación das mesmas valorarase a superficie en metros cadrados de carpinterías de madeira, así como o nivel de ingresos da unidade de convivencia. Primarase a incorporación de novos solicitantes, ós inmobles afectados pola contaminación acústica e o nivel de catalogación ou de interese arquitectónico do inmoble. Tamén o seu nivel de ocupación.

Rúa de San Pedro en Santiago de Compostela / foto barriosanpedro.eu

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...