Coñece unha ruta de castros chea de moroteiros e coas bolboretas máis grandes de Europa
O Concello de Ponteareas abriu un novo “Roteiro dos Castros”. Trátase dunha ruta cun percorrido de 3 km que discorre por diferentes zonas arqueolóxicas do parque forestal da Picaraña. O roteiro iníciase no alto das Rabadeiras e conclúe nas Chans da Picaraña”. O parque ten 38 hecáteas. En case 12h realizáronse traballos de eliminación da Acacia melanoxylon, unha especie invasora prexudicial para a biodiversidade e os ecosistemas do parque e plantáronse frondosas en case 3 hectáreas.
Pero unha das actuacións máis novidosas para a mellora e difusión dos valores ambientais consistíu na roza de matogueira en máis de 16 hectáreas do erbedal da Picaraña. O érbedo ou moroteiro é unha especie moi singular no parque forestal que está presente en forma de bosque arbustivo nunha ladeira da Picaraña. Neste ecosistema habita a bolboreta diúrna de maior tamaño de Europa, a bolboreta do érbedo (Charaxes jasius), de catro colas, que forma parte do logotipo do parque forestal. Toda a información no Xornal de Vigo.