Dez libros de autores da Xeración Nós no seu centenario a través da Editorial Galaxia
Unha colección de dez libros dos autores máis representativos da Xeración Nós serán reeditados neste 2021. Será a chamada Biblioteca Nós unha nova reedicón da Editorial Galaxia con motivo do centenario da revista voceiro deste histórico grupo de intelectuais.
Os títulos reeditados por Galaxia son: O esquecedor mentor de Nós, de Antonio Losada Diéguez; Teoría do nacionalismo galego e Leira, de Vicente Risco; Polos vindeiros da saudade, Entre a vendimia e a castañeira e O Señorito da Reboraina, de Ramón Otero Pedrayo; Vicente Risco, de Carlos Casares; Co pensamento na patria, de Antón Vilar Ponte; Antífona da Cantiga, de Ramón Cabanillas, e Diario 1921, de Castelao.
A biblioteca foi presentada o pasado luns polo presidente da Editorial Galaxia, Antón Vidal, na biblioteca pública de Ourense, en San Francisco, xunto con representantes do goberno galego, que tamén colaborará no proxecto. Nada na década de 1950 para defender a cultura galega en plena ditadura Galaxia simboliza a resistencia do galeguismo con máis de 70 anos de historia e case 4.000 libros editados moitos deles de autores desta mesma xeración.