fbpx
Campá de San Pedro de Soandres / foto Íñigo Mouzo Riobó

Na procura do último son da morte en Galicia

Tempo de lectura: < 1 min.

A Galicia rural non se pode entender sen as súas campás. Forman parte do patrimonio material coma obxecto físico e do inmaterial e, precisamente, para tentar conservar este ben de interese incalculable e que vai morrendo de vagar, ao mesmo tempo que morre esa Galicia rural,  o músico e representante da Asociación Campás e Camiños, Xesús Álvarez, acaba de sacar un interesante proxecto; o proxecto Badaladas.

Badaladas.gal é unha web que contén un inventario das campás do camiño de Santiago en Galicia, tanto do camiño Francés dende O Cebreiro como do Primitivo dende Fonfría, na Fonsagrada. Nel aparecen inventariadas 187 campás en 80 igrexas, capelas, catedrais e mesmamente algunha Casa do Concello localizadas nos camiños Francés e Primitivo. Xa que o acceso ás campás non é doado, esta páxina pretende achegar o coñecemento das campás ao público e mesmamente tocalas e escoitar o seu son sen subir ao campanario.

A idea de badaladas.gal sae dunha mestura de circunstancias. Tocar as campás na procesión da festa en Sistallo, onde nacín. Ese contacto coas campás espertou o meu interese por elas. Tamén ser músico, pensar que se pode facer música coas campás e ter traballado en Enxeñería Planta Exterior saíndo pola provincia e agora poder revivir un traballo de campo. En suma facer este traballo foi lembrar vivencias”, apunta Xesús.

Outras páxinas presentan toques que se recolleron a campaneiros, como o toque “a dobrado”, toque “a largo” e toque “a releixar” – a defunto – así como a antigüidade e as inscricións que se ven nas campás. A máis antiga inventariada neste traballo é a campá pequena da capela de Santa María da catedral de Santiago, do ano 1380. A máis recente, a grande da igrexa de Liñares, do ano 2008. Toda a información en Lugo Xornal.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: