Polémica por unha exposición apoiada pola Xunta sobre Maruja Mallo con todas as obras falsas
17 pezas que carecen da súa “técnica esixente e un xeito rigoroso de pintar” e con “elementos pictóricos incoherentes”. Estas foron segundo unha carta de denuncia enviada á Real Academia Galega de Belas Artes, as obras non autentificadas e que poderían ser falsas de Maruja Mallo expostas o pasado 2020 no Concello de Lalín, nunha exposición financiada e avalada pola Xunta, tal e como recolle o ElDiario.es.
Trataríase de 14 pinturas ao óleo e tres debuxos, expostas na mostra “Maruja Mallo e Luís Seoane en Bos Aires. 1936-1965” aberta ó público entre xaneiro e marzo de 2020 no museo municipal de Lalín Ramón María Aller de Lalín e comisariada polo profesor e crítico Antón Castro. Segundo recolle o medio sería unha mostra a proposta do alcalde de Lalín sobre unha colección particular de un veciño do concello de Lalín.
Segundo os asinantes da carta, o crítico Juan Pérez de Ayala, o galerista Guillermo de Osma e o sobriño do pintor Antonio Gómez Conde, negarían a autenticidade das 17 pezas, tanto pola súa técnica como polas incoherencias pictóricas. As obras non estarían tampouco recollidas nun catálogo razoado é volume monográfico onde os expertos estudan as 150 obras autentificadas da autora.

Maruja Mallo / foto histórica PD Wikimedia
Pola súa parte para Antón Castro a nómina de pinturas da artista sería moito maior, entre 300 e 500 obras, afirmando que a súa principal motivación era enfrontarse ao “monopolio de Guillermo de Osma na obra de Mallo”, tal e como recolle o xornal. Pola súa parte a Consellería de Cultura asegura que só se limitou “ao apoio financeiro na edición do seu catálogo”, mentres dende a Fundación Luis Seoane apúntase tamén a posibilidade de que varias obras deste segundo autor puideran ser tamén falsas.
Pode consultarse a información pormenorizada no artigo de ElDiario.es, así como a relación de obras da exposición neste outro artigo do mesmo medio. A polémica tamén foi recollida no seu día na edición local de varios medios galegos.