fbpx
Estado no inicio das escavacións na Torre e Meira no concello de Moaña / foto Concello de Moaña

Así está a avanzar a escavación da Torre de Meira de Moaña, derrubada polos Irmandiños

Tempo de lectura: < 1 min.

As ruínas dun antigo castelo, derrubado entre 1467 e 1469 polos Irmandiños, poden verse xa dominando a ría de Vigo. Pois os traballos que está a desenvolver o Concello de Moaña sobre a Torre de Meira está a avanzar a bo ritmo. De feito é posible ver xa os restos do muro e do derrubo da torre, nunha escavación que está a traer á luz unha das fortalezas máis relevantes da ría durante a época medieval.

Tamén un xacemento situado nun enclave inigualable. Trátase dun proxecto de escavación, rehabilitación, sinalización e mellora para estas ruínas que está a desenvolver a empresa Árbore Arqueoloxía S. C., cun orzamento de 14.786,20 euros, achegados polo Concello e a Deputación de Pontevedra. Trátase de volver escavar estas áreas xa estudadas no ano 1975 pola Instituto Padre Sarmiento e publicado no Boletín Auriense o ano seguinte, mais ficaron durante décadas en abandono.

Estado actual das escavacións na Torre e Meira no concello de Moaña / foto Concello de Moaña

Situada nun alto a 140 metros de altitude sobre a ría de Vigo a Torre de Meira foi unha fortificación das familias Meira e Valadares para exercer o seu dominio na zona. A torre sufriu asedio durante as Segundas Guerras Irmandiñas (1467-1469) sendo derrubada en boa medida. Mais foi Pedro Álvarez de Soutomaior, Pedro Madruga, quen a tería destruídofinalmente no ano 1476.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: