Outra semana, outra desfeita do patrimonio arqueolóxico galego por unha plantación de eucaliptos | Historia de Galicia
Petróglifos do Pico en Pontedeume / foto Grupo de Arqueoloxía de Trasancos

Outra semana, outra desfeita do patrimonio arqueolóxico galego por unha plantación de eucaliptos

Tempo de lectura: 2 min.

Seis paneis con varias combinacións de gravados circulares e cazoletas localizados na parroquia de Ombre, en Pontedeume. Estes foron esta vez o obxecto de danos nunha nova desfeita patrimonial por mor unha plantación de eucalipto. Trátase dos petróglifos do Monte do Pico descubertos en xaneiro de 2020 polo Grupo de Arqueoloxía dá Terra de Trasancos, o únicos localizados neste histórico concello.

E é que nos pasados días, tal como relatan ó noso medio, membros da asociación atoparon cortado o monte no que en antes da corentena, fai xa máis dun ano, atoparan os petróglifos. Tras achegarse o lugar atoparon a finca cortada, limpa e preparada para unha plantación nova desta especie forestal. Con ela unha os danos nun dos paneis.

Pois a maquinaria empregada deixou graves danos na nunha das pedras gravadas. Aínda que as marcas aparentemente non terían estragado as propias gravaduras a propia pedra, na que podería haber máis gravados si se viu afectada. A corta e limpeza da finca produciuse en menos de 15 días, pois fai non moito tempo membros da asociación achegáranse ó lugar.

Petróglifos do Pico en Pontedeume / foto Grupo de Arqueoloxía de Trasancos

Os petróglifos atoparíanse en cinco rochas. Delas catro aparecerían gravadas con combinacións circulares e coviñas e unha quinta cun círculo simple. Os petróglifos, datadas na Idade de Bronce, serían os únicos atopados no concello, porén nos os únicos da zona, pois a asociación xa levaría recollidos máis de tres centos de estacións entre de Ferrolterra á Arteixo, publicando os seus achados no Anuario Brigantino.

A desfeita súmese á unha longa nómina de danos neste tipo de bens, declarados de xeito xenérico Ben de Interese Cultural e con preto de 3.000 anos de antigüidade, que se están a desenvolver ó longo de toda a franxa atlántica galega onde é se atopan, pola falta de medidas de protección das industrias forestais e as administracións.

Trátase de danos que se repiten con gran frecuencia nun patrimonio non recuperable e nun momento no que se están a descubrir por todo o occidente galego novas estacións, demostrando a excepcionalidade do noso territorio neste tipo de representacións así como a súa fraxilidade. Dende a asociación, ademais da publicación no Anuario, informárase do achado ó goberno municipal.

Petróglifos do Pico en Pontedeume / foto Grupo de Arqueoloxía de Trasancos


Para saber máis: Pódese consultar todos os detalles destes petróglifos, a súa singularidade e a súa descoberta no artigo recollido na páxina do Grupo de Arqueoloxía da Terra de Trasancos.


Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: