Que fai un cruceiro galego esnaquizado na localidade andaluza de Andujar? | Historia de Galicia
Restitución do cruceiro / foto Ayuntamiento de Andujar

Que fai un cruceiro galego esnaquizado na localidade andaluza de Andujar?

Tempo de lectura: 2 min.

O Concello de Andújar ven de restaurar o Cruceiro del Altozano, localizado fronte á Igrexa de Santiago da localidade, tal e como informaba nunha nota de prensa e nas súas redes sociais. Fíxoo o pasado mes de maio de 2020 despois de que a peza fora esnaquizada por un acto vandálico en xuño de 2019, aparecendo os anacos dispersos pola praza que lle dá nome.

Trátase dun cruceiro de granito, de orixe previsiblemente galego, que tería chegado a esta vila de Jaén na década de 1960 cando era alcalde da localidade Argimiro Rodríguez, de orixe galego. O cruceiro estaría instalado polo rexedor na súa finca de Peñallana, ata que despois da súa morte foi donado pola familia para a súa instalación diante da igrexa de Santiago.

Restitución do cruceiro / foto Ayuntamiento de Andujar

Trátase dun cruceiro de dúas caras que no fuste ten o relevo esculpido do Apóstolo Santiago e na parte superior, baixo unha base dun anxo e motivos florais, por un lado ten Cristo na Cruz, e polo outro a Virxe. O cruceiro foi esnaquizado en varios anacos que foron restituídos a través dunha coidada anastilose, ou recuperación dunha peza a través dos seus anacos conservados.

Os responsables dos traballos foron Luís Gómez e o escultor Manuel López, baixo a supervisión de Antonio Domínguez, técnico da área de Servizos Municipais, Infraestruturas e Urbanismo do Concello. Na restauración reconstruíuse a figura cos restos recuperados, fixándoa coa cruz por medio de parafusos e remodelando as pernas do Cristo con cun bloque químico que imita o granito. Tamén se lle fixo unha reintegración cromática cunha técnica de témpera reversible, e unha capa impermeabilizante.

Restitución do cruceiro / foto Ayuntamiento de Andujar

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: