fbpx
Proxecto da ponte sobre o Miño / foto Deputación de Pontevedra

Unha nova ponte peonil sobre o Miño unirá Tomiño coa monumental Vila nova da Cerveira

Tempo de lectura: 2 min.

Unha nova ponte monumental unirá a localidade galega de Tomiño e a vila histórica de Vila Nova da Cerveira, en Portugal. A nova ponte peonil e ciclista estará deseñada por Burgos & Garrido Arquitectos e Bernabeu Ingenieros despois de acadar o terceiro premio nun concurso de proxectos convocado pola Deputación de Pontevedra do que resultou gañador o Premio Pritzcher de Arquitectura Álvaro Siza.

O obxectivo do proxecto é unir mediante unha ponte peonil e ciclista as dúas ribeiras do Miño e crear un europarque urbano nomeado “parque da Amizade”, xestionado conxuntamente polos Concellos dos dous países. Trataríase de “poñer o río Miño no mapa internacional” polo seu atractivo, ó tempo que se conectan as dúas ribeiras e se crea un cinto verde para esparcemento entre as dúas vilas das dúas ribeiras do Baixo Miño.

Trátase da sexta ponte internacional sobre o Miño, que conectará coa rede de sendas verdes transfronteirizas existentes nesta zona, unindo ademais un área de esparexemento de máis de 25 hectáreas, que estará conectada tamén coa estación de tren de Vila Nova da Cerveira. O parque encadrarase nas actividades do proxecto Visit_rio_Minho, presentado á primeira convocatoria do Programa Operativo España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 Interreg V-A en unha candidatura conxunta da Deputación.

Un concurso internacional para unir dous países

Na actualidade o proxecto atópase en redacción e agárdase que estea rematado no vindeiro ano 2022. A redacción do proxecto foi adxudicada Burgos & Garrido Arquitectos e Bernabeu Ingenieros en 2019 na súa redacción invertiranse 116.000 euros. Porén a escolla foi parte dun concurso internacional convocado pola Deputación de Pontevedra no ano 2018.

Nese concurso o xurado, practicamente por unanimidade, escolleu as propostas, Álvaro Siza, Javier Zubía e Paula Teles ou Ginés Garrido gañadoras dos tres premios. Os tres proxectos foron os gañadores entre os 24 anteproxectos admitidos. Entre eles había propostas tanto de Galicia e Portugal coma de estudios de arquitectura de Stuttgart e Berlín (Alemaña), Buckinghamshire e Londres (Reino Unido), Vanves (Francia) e do resto do Estado español: Valencia, Madrid, Toledo, Barcelona, Málaga, Asturias ou Cantabria.

Raia de Álvaro Siza / foto Deputación de Pontevedra

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...