fbpx
Nova domus romana atopada en Lugo / Concello de Lugo

Atopan unha nova domus no que podería ser un “barrio obreiro” da antiga Lucus Augusti

Tempo de lectura: < 1 min.

Lugo non para de dar sorpresas arqueolóxicas. O último, unha nova domus romana atopada no barrio do Carme. O descubrimento desta vivenda produciuse dentro das prospeccións arqueolóxicas que levan a cabo nesa zona, por onde tamén transcorre o Camiño Primitivo. A alcaldesa, Lara Méndez, concretou que “nas inmediacións pode haber o que pode ser un posible lugar de almacenaxe”. “O que hoxe coñecemos como despensas de cociña”, abundou.

O arqueólogo municipal, Enrique González, pormenorizou que podería tratarse dunha “primeira ocupación do século primeiro”. “E o que se ve agora, intuímos que pode ser do século terceiro”, abundou.

Así mesmo, González detallou que o que se observan “son os restos dunha edificación”, cren que “de carácter artesanal”. “Non parece a típica domus romana que estaría vinculada á vía romana que discorría na leira do lado. Sabemos que nesta zona había presenza de fornos cerámicos, unha especie de barrio oleiro, e cremos que pode estar relacionado con iso”, concluíu o arqueólogo do Concello de Lugo. Toda a información de Lugo Xornal

Pode que che interese...