fbpx
Ponte Maceira / foto Galicia Plus CCBy Wikimedia

Está en perigo a ponte de Ponte Maceira?

Tempo de lectura: < 1 min.

Dúas fendas no arco central, unha consolidada e outra na súa base, nun dos seus tallamares, que medra pola presenza dun salgueiro así como polos continuos arrastres que golpean nel. Estes son os danos dos que os técnicos do Concello de Negreira levan dende o ano 2016 denunciado e que xa trasladaron en reiteradas ocasións a Augas de Galicia e a Dirección Xeral de Patrimonio.

Xa no ano 2016 os técnicos do Concello alertaban a Patrimonio deste feito. No ano 2018 reiteraban o aviso e alertaban de danos no caneiro ou encoro, como o desprazamento de pedras, e no 2020 alertaban tamén da perda de perpiaños nos peitorís dos muíños e de fendas nun deles, despois das crecidas dese inverno. Mais polo de agora segue producirse a intervención da Xunta, mentres, paradoxalmente, estase a tramitar a súa declaración de BIC. Recollen e actualizan a nova dende La Voz de Galicia.

Pode que che interese...