fbpx
Illa de Ons /isladeons.es

Foi importante a pegada romana na illa de Ons?

Tempo de lectura: < 1 min. O Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo arrinca este luns 5 de abril unha iniciativa chamada a dar un paso adiante no coñecemento da presencia romana na costa galega e os seus métodos de explotación dos recursos mariños da Comunidade. Concretamente, a investigación terá lugar na Illa de Ons. A investigación correrá ao cargo dun equipo comandado por Adolfo Fernández, arqueólogo do mencionado GEAAT, e consistirá nunha intervención arqueolóxica de limpeza, rexistro e sondaxes na factoría romana de salga da praia Canexol, enclave situado na illa de Ons. A actuación, explican dende a Universidade, conta co apoio do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, á parte de estar inscrita dentro do proxecto de investigación Galtfish. “O obxectivo principal desta intervención é o de investigar estes restos arqueolóxicos e aumentar considerablemente o noso coñecemento sobre eles no marco dun estudo global sobre a produción de salgas de peixe en época romana”, comenta o responsable da iniciativa. Segundo indica Adolfo Fernández, o xacemento romano de Canexol, descuberto recentemente e nunca antes intervido, esténdese por todo o cantil da praia da illa de Ons, uns 100 metros, destacando a presenza de ou depósitos de salgadura parcialmente destruídos. Máis información no Xornal de Vigo.

Pode que che interese...