fbpx
Fonte do Paseo da Alameda / foto Concello de Santiago

Galería: este é o novo aspecto das fontes da histórica Alameda de Compostela

Tempo de lectura: < 1 min.

Tal e como contábamos no día de onte. o Concello de Santiago, a través da Concellaría de Parques e Xardíns, ven de recuperar as históricas fontes ornamentais dos xardíns da Alameda. As fontes foron restauradas engadindo un sistema de bombeo que permite aforrar 94,608 m3/ano, foron impermeabilizadas e engadíuselle unha nova iluminación led que resalta o seu aspecto durante a noite.

Ademais coa intervención solucionouse o problema de que cinco das seis fontes que se localizan no xardín atopábanse baleiradas, sen auga, xa que ó non dispor dun sistema de recirculación estas consumían preto de 100 millóns de litros de auga anuais. Agora as fontes de do Paseo dos Leóns, a dos Condes de Altamira, o estanque do Ollo, a fonte do Paseo Central, a da Cuncha e a de San Clemente locen de novo, sostibles e cun espectacular novo aspecto.

Fonte do Paseo da Alameda / foto Concello de Santiago

Pode que che interese...