fbpx
Torre de Teodomiro en 3D localizada por Antón Malde

A esquecida torre de Teodomiro que pode salvar a toda unha comarca dun megaparque eólico

Tempo de lectura: < 1 min.

O arqueólogo Antón Malde di ter xeolocalizado a Torre de Teodomiro, pertencente a un castelo da Alta Idade Media, situado no Monte do Gato, en Aranga, onde Greenalia e Galenergy queren instalar un total de 40 aeroxeradores con ata 200 megawatts de potencia, distribuídos en seis parques e que afectan a catro concellos (ao de Aranga, a Oza-Cesuras, Coirós e Curtis).

Malde detalla que, segundo recolle o Cronicón de Walfrido, o rei Teodomiro de Suabia mandó construir esta fortaleza militar no Monte Cato, conocida como Castrum Feacium. “Estes dous topónimos todavía perduran localmente en forma de Monte do Gato e Feás”, explica Malde.

A Torre de Teodomiro está catalogada como ben de interese cultural (BIC) e recollida no plan xeral de ordenación municipal (PXOM) do consistorio, segundo recoñece o alcalde de Aranga, pero a súa localización exacta aínda non se coñecía.

Protección

Precisamente, este rexedor, o popular Alberto Pratas, entende que este achado arqueolóxico na zona na que as empresas Greenalia e Galenergy proxectan varios parques eólicos suporá unha freada para estas iniciativas tal e como publica este xoves ‘La Opinión de A Coruña‘.

Pola súa banda, a portavoz da plataforma Aire Limpo nas Mariñas do Mandeo –reserva da biosfera–, Esperanza González, celebra a noticia e chama a atención sobre todos os trámites que superaron estes proxectos a pesar de que este conxunto arqueolóxico está recollido na PXOM do Concello de Aranga.

Greenalia xa anunciou hai meses que elaboraría outro informe a raíz do descubrimento na zona de mámoas por parte doutra veciña, a bióloga Mónica Fernández-Aceytuno.

Pode que che interese...