fbpx
Retrato supostamente de Pedro Madruga, caracterizado coma un navegante e que algúns relacionan con Cristobal Colón

O ADN determinará se Colón era galego

Tempo de lectura: < 1 min.

Un equipo multidisciplinar dirixido polo catedrático de Medicina Forense da Universidade de Granada, José Antonio Lorente, acometerá a análise xenética dos restos óseos de Cristóbal Colón facendo uso das últimas tecnoloxías para tratar de coñecer a súa verdadeira procedencia, no marco dun ambicioso proxecto no que participarán cinco laboratorios de identificación xenética de Europa e América e que podería estar culminado para o 12 de outubro.

Deste xeito retómase a fase final dun proxecto de investigación que permaneceu “parado” os últimos 16 anos á espera de avances tecnolóxicos que permitisen afrontar con “certas garantías” este proceso, segundo detallou este mércores en Granada o doutor Lorente.

Cristóbal Colón faleceu o 20 de maio de 1506 en Valladolid, deixando como interrogante a súa verdadeira orixe. A idea máis estendida é que foi un xenovés (Italia) fillo dunha familia de tecedores, pero hai numerosas teorías que cuestionaron o seu lugar de nacemento. Algunhas delas localizan a súa procedencia en diversas partes de España, pero moitas outras apuntan a lugares como Galicia, Portugal, Croacia e mesmo Polonia.

A fase final deste proxecto será posible despois de que hai case vinte anos o doutor Lorente dirixise o equipo multidisciplinar que logrou exhumar o sepulcro do almirante, situado na Catedral de Sevilla, e extraer parte dos restos para o seu posterior estudo. Todo o artigo no Galicia Confidencial.

Pode que che interese...