fbpx
Mapa antigo de Galicia con topónimos
Mapa antigo de Galicia con topónimos

O galego, tamén un patrimonio case milenario que hai que coidar

Tempo de lectura: < 1 min.

A maior parte da xente ten pousado os seus pés algunha vez nun soarego pero se lle preguntamos que é non saberían que é a Peza de pedra ou doutro material colocada na parte inferior do oco dunha porta e que hai colocadas en moitas das igrexas románicas”.

É a reflexión que fai o Sorriso de Daniel que acaba de publicar unha interesante iniciativa na súa web. Valeria Seaxe Suárez, unha alumna de terceiro curso de primaria do Colexio de Barouta en Ames, pónlle voz e rostro a un vídeo dende desta asociación que reivindica a lingua como patrimonio. O vídeo, realizado para celebrar o día das letras galegas, fai esta reivindicación enunciando palabras que os amantes do patrimonio usan habitualmente por tratarse de termos que designan elementos do patrimonio e que non queren que se perdan.

O sorriso de Daniel reivindica habitualmente o uso do galego por se tratar da única lingua que existía en Galicia no momento no que se estaban erguendo as máis de 800 igrexas románicas que Galicia ten, por ser a lingua que falaban quen as construíron e promoveron e por ser a lingua maioritaria de quen as cuidaron para que chegasen aos nosos días.

As palabras que Valeria enuncia no vídeo defíneas O Sorriso de Daniel no seu blog: http://osorrisodedaniel.blogspot.com/2021/05/o-galego-tamen-e-patrimonio.html

Pode que che interese...