Sabes cales son os bens patrimoniais que queren levar ou xa levaron os Franco de Meirás?
Aínda que as estatuas do Mestre Mateo son quizais os bens máis destacables, no Pazo de Meirás hai bens máis antigos e dun valor patrimonial incalculable. Tal é o caso da ánfora datada do século III antes de cristo que Francisco Franco recibiu en decembro de 1974, nun acto celebrado en El Pardo e que pretendía manter viva a chama o Movimiento unha vez falecera o xa maltreito ditador.
Máis recentes, pero se cadra non menos valiosas, son as cadeiras neogóticas que formaban parte do conxunto do Pazo cando os Franco se apropiaron del en 1938, segundo a sentenza da xustiza. Segundo apuntan dende Defende Meirás, a máis grande das cinco cadeiras formaba parte do escritorio de Emilia Pardo Bazán. Máis no Galicia Confidencial.