fbpx
Afectacion dun proxecto eólico ao Parque Arqueolóxico do Monte Grande, en Bande | Fonte: Asociación Limia-Arnoia

Un macroproxecto eólico ameaza un dos grandes parques arqueolóxicos do Xurés

Tempo de lectura: < 1 min.

‘boom’ dos proxectos eólicos alcanza tamén a contorna do Parque Natural do Xurés. A asociación cultural, ecoloxista e de montaña Arnau vén de presentar un estudo informativo sobre o impacto que cualifican como “brutal” dun parque eólico planificado sobre o Monte Grande de Bande – considerado o mellor monte forestal de Galicia -, situado moi preto do Parque Natural do Xurés. Segundo indican a través dun comunicado, “veríase totalmente prexudicado polos polos mástiles eólicos que se erguerían máis de 180 metros do solo e as torres de alta tensión prolóngándose sobre a paisaxe”.

O Parque eólico de Fonsanta pretende crearse, tal e como indican as tramitacións da Xunta de Galicia e o Goberno español, sitúase na área de exposición directa do Parque Arqueolóxico do Monte Grande, antesala do Gran Parque Natural do Xurés e mirador privilexiado del. Este monte conta, indica a asociación, “cunha gran riqueza patrimonial, forestal, paisaxística, xeolóxica e natural, cos restos arqueolóxicos distribuídos por toda a extensión da serra e perfectamente adaptados á paisaxe e xacementos que abranguen un longo periodo de tempo que vai dende a Prehistoria ata a Idade Media”. Descatan necrópoles megalíticas, petróglifos, coviñas, castros e foxos do lobo, integrados no Parque Arqueolóxico.

Sobre a riqueza forestal, o Parque presenta grandes masas de piñeiro, bidueirais e amieirais, complementados coa presenza de arbustos que son “reliquias”, como o arando silvestre e a alta concentación de musgo que cubre toda zona alta do Monte Grande. Ademais, estase desenvolvendo unha “gran rexeneración natural de carballeira que contribúe ao seu benestar ecolóxico”. “Tamén é preciso protexer o extenso espazo de turbeira da Lagoa Grande, cun hábitat especial cuxo fráxil equilibrio se pode ver alterado á mínima actuación”, indican dende a asociación, que poñen o foco na “calidade turística e paisaxística” na que o parque “impactaría severamente”. Toda a información no Galicia Confidencial.

Pode que che interese...