fbpx
Tropas romanas no Arde Lucus / ardelucus.com

Volve o mellor do Arde Lucus, cun renovado programa para a súa faceta máis “cvltvral”

Tempo de lectura: 2 min.

Actos on-line e presencias, “con todas as medidas sanitarias”, multitude de obradoiros, paseos guiados, charlas culturais e de expertos, conferencias internacionais e ciclos de cine. Así será este ano o “Arde Lvcvs Cvltvral”, a celebración máis lúdico-cultural dunha das festas históricas máis importante de Galicia, que este ano celebrarase do 17 ó 20 de xuño.

Trátase, segundo o edil de Xuventude, Mauricio Repetto, dunha programación, “que non defraudará”. Organizado dende a área de Xuventude do Concello de Lugo en colaboración coas 19 asociacións de recreación histórica da cidade, desenvolverá este ano medio cento de actividades durante o mes de maio e xuño.

Serán o preludio dun Arde Lucus que, por motivos da pandemia, manterá un perfil afastado dos grandes fastos que atraían todos os anos a miles de visitantes. Un ano máis poranse en marcha actividades como o concurso de relatos curtos sobre a vida dun clan galaico ou concurso para adornar fachadas e balcóns.

Cartaz da festa / Concello de Lugo

Cunha renovada importancia, esta edición do “Arde Lvcvs Cvltvral”, volverá a ter todas as súas actividades lúdico-culturais de xeito aberto e gratuíto. Porén, seguindo os pasos do 2020 e debido as restricións fixadas polas autoridades sanitarias pola covid-19, diminuirán as presenciais e impulsaranse as de carácter on-line. Podes consultar o programa aquí.

“A programación, que pechamos con todas as asociacións romanas e castrexas que lle dan vida ó Arde Lvcvs e onde elas serán as protagonistas, compaxinará o virtual co presencial”, destacou Repetto. “Pretendemos gozar e seguir aprendendo co noso rico patrimonio e as nosas tradicións, que debemos manter e coidar, pero sen arriscar nunca a nosa saúde e a dos demais”, afirmaba a alcaldesa Lara Méndez.

A Garda Pretoriana desfila polas rúas da antiga Lucus Augusti / Concello de Lugo

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: