fbpx
Estado actual coa nova pasarela / foto Paco Ascón

Así quedou a pasarela máis polémica da Veiga

Tempo de lectura: 2 min.

Un gran viaduto de formigón rematado en aceiro corten a través dun val, no núcleo tradicional de Xares, no concello da Veiga. Este é para moitos a peor pasarela do concello, e se cadra de Galicia. Trátase dun paso elevado, atravesando un entorno natural, para dar acceso á unha igrexa catalogada.

O obxectivo sería unir aldea e a igrexa, que tería ata ese momento o seu único acceso peonil por unha pequena ponte de pedra sobre o regato. Para isto desenvolveuse unha obra de enxeñería ó pé mesmo da igrexa, que non só modificaría a paisaxe tradicional senón o entorno do ben patrimonial.

Estado no que se atopaba a pasarela antes da riada / foto Paco Ascón

Perpiaños do viaduto da parroquia de Xares, na Veiga / foto Serxio Peillet

Estado actual coa nova pasarela / foto Paco Ascón

A obra, tal e como contamos noutro artigo, asinouse vai tres anos e dotouse cun investimento total de 400.000 euros dos que 140.000 foron achegados pola Deputación de Ourense, 200.000 pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil e os 60.000 restantes polo Concello da Veiga.

No lugar existiría unha ponte tradicional sobre o río mais foi derrubada por unha riada. Lonxe de restaurar ou restituír a ponte decidiuse construír un novo viaduto. A intervención indignou a veciños e profesionais dando tamén lugar a unha extensa polémica debate nas redes sociais.

Pode que che interese...