fbpx

Así recollen en memes a retirada da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

Tempo de lectura: 3 min.

O pasado día 3 de xuño o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o embaixador de España ante a Unesco, Juan Andrés Perelló, anunciaban unha insólita nova. A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial era adiada a un futuro sen data, para, en palabras do Concelleiro, “fortalecer” as posibilidades da candidatura.

Uns poucos días despois coñecíanse os motivos. Un demoledor informe presentado polo ICOMOS, organismo un órgano consultivo da UNESCO, que avalía, xunto con outros bens de todo o mundo, a candidatura da Ribeira Sacra, recomendaba, literalmente, non inscribir no Patrimonio Mundial a candidatura galega.

Meme sobre a candidatura a Patrimonio Mundial / foto Galicia non se vende

Os motivos eran a incoherencia entre o proxecto galego, que presenta a Ribeira Sacra como unha paisaxe de raíz monacal, e a realidade da actual paisaxe dominada polos encoros e ameazado por canteiras, eólicos, lumes ou un turismo non controlado. Cunha poboación avellentada e un clero no que só se conservan unhas poucas ordes bietas, para a institución non estaba claro: “ICOMOS non está convencido”.

Porén, dende a Xunta quitábaselle ferro ó problema e, tan só 6 días despois da retirada da candidatura, o concelleiro Román Rodríguez presentaba no Museo do Prado a candidatura xa adiada. Segundo el trátase do “primeiro paso na nova etapa da candidatura”, “un aprazamento estratéxico” para “conseguir o si definitivo”.

Meme sobre a candidatura a Patrimonio Mundial / foto Galicia non se vende

Meme sobre a candidatura a Patrimonio Mundial / foto Galicia non se vende

Meme sobre a candidatura a Patrimonio Mundial / foto Galicia non se vende

Meme sobre a candidatura a Patrimonio Mundial / foto Galicia non se vende

Malestar entre os profesionais e críticas nas redes

As reaccións non tardaron en chegar e ó día seguinte de coñecerse a nova a asociación de medievalistas O Sorriso de Daniel lanzaba nun comunicado unha dura crítica ó desenvolvemento da candidatura: “o fracaso será colectivo aínda que teña nomes e apelidos”, afirmaban. Pois na xestión da candidatura “nunca houbo unha escoita activa” ós expertos. “Tramitouse como un expediente máis”.

Pois non poucas foron as voces que levan tempo criticando a xestión da Xunta nesta candidatura. A importante transformación da paisaxe que se está a producir nos últimos anos, con cortas, concentracións parcelarias, lumes ou tratamento inadecuado dos monumentos, foi motivo de denuncia de múltiples colectivos. Tamén a propia declaración de BIC, na que segundo denunciaban asociacións e profesionais, deixábase fora un enorme número de alegacións do expertos.

Agora o ICOMOS parece dar a razón a todos aqueles que traballaron por unha candidatura diferente e que denunciaron os continuos erros da administración. E é por isto que as redes non escatimaron en críticas. Algunhas tamén en forma de memes, como as publicadas por algúns colectivos como Galicia non se vende, que tiran de sorna para denunciar que é posible unha xestión mellor desta importante zona de Galicia.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: