fbpx
Debuxo de relacións homosexuais entre homes e mulleres

Queres coñecer como foi o primeiro matrimonio homosexual documentado en Galicia?

Tempo de lectura: < 1 min.

A ourensá parroquia de Santa María de Ordes, no concello de Rairiz de Veiga, acollía no 1061 o que se considera o primeiro matrimonio homosexual documentado, non só de Galicia, senón da Península Ibérica. Esta historia sorprende pola súa data, aínda máis tendo en conta que non sería ata o 2005 cando se acepta a Lei de Matrimonio Homosexual. Tratouse da unión oficial entre Pedro Díaz e Muño Vandilaz, dous homes que vivían xunto a Igrexa da parroquia.

A historia coñécese grazas a un documento testemuña que se atopou no tombo do Mosteiro de Celanova e que actualmente se encontra o Arquivo Histórico Nacional de Madrid. Nel consérvase o pacto que firmaron Pedro e Muño o 16 de abril de 1061, un pacto relacionado coa convivencia no fogar e a repartición de bens. O que reflicte dito documento, segundo o filólogo Carlos Callón, é un enlace afectivo, desbotando así as teorías que indican que só se trataba dunha unión por intereses económicos ou familiares.

A unión entre persoas do mesmo xénero na Idade Media chamou a atención do filólogo e profesor Carlos Callón, que publicou no 2011 o libro Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media. O interese do filólogo comezou nun principio coa paixón despertada en oitavo de EXB pola literatura galega e escrita medieval e na que afondaría na Universidade, investigando a presenza da homosexualdiade neses textos. A historia da parella de Rairiz de Veiga chegoulle a través do ensaio As bodas da semellanza (1996) de John Boswell, que recibiu numerosos premios e foi traducido ao español. A sorpresa para Carlos Callón, que agarda publicar outro libro sobre o tema, é a pouca repercusión que tivo a obra no noso país. Toda a reportaxe no Galicia Confidencial.

Pode que che interese...