fbpx
Bestas no monte / foto Rapa das Bestas

A histórica tradición da Rapa das Bestas de Sabucedo tamén ameazada polos eólicos

Tempo de lectura: 2 min.

Á noitiña do día de onte Quico Cadaval representaba a súa obra “Complexo de Edipo” no curro do Campo do Medio, de Sabucedo, onde esta fin de semana tería que celebrarse a histórica tradición da Rapa das Bestas. Xunto a actuación de Cadaval hoxe se celebraron andainas, un xantar e unha actuación de Mofa e Befa.

Esta tradición con, como mínimo, preto de cinco séculos e que é Festa de Interese Turístico Internacional, tivo que ser adiada este ano por mor da Covid-19 para celebrarse a finais de agosto. Nela os cabalos salvaxes dos montes de Montouto, que viven en liberdade todo o ano, baixarían o curro para cortarlle a pelaxe, ser desparasitados e encomendarllos a San Lourezo.

Mais este ano a celebración ten unha dobre inquetude. Pois ós problemas derivados da Covid-19, que mudou de xeito radical a festa, súmaselle ademais unha nova ameaza: a instalación de tres grandes parques eólicos sobre o entorno directo dos hábitats dos cabalos. Proxectos que lanzando una enorme interrogante sobre a poboación deste animal que en tres lustros perdeu máis da metade da súa poboación.

Rodeados por 26 grandes aeroxeradores

E é que as 3.000 ha de terreos nas que viven ó longo do ano os cabalos veríanse afectadas por tres grandes parques eólicos na súa contorna. Son os de Pico Touriñán de Enel Green Power, o de Touriñán III-2, de Greenalia, e o Campo das Rocas, de Naturgy. Suman en total 26 grandes aeroxeradores e máis de 80 MW de potencia instalada.

En declaración a diferentes medios como Nós Diario, Paulo Vicente Monteagudo, presidente da Asociación Rapa das Bestas explicaba que os parques eólicos, ademais da destrución dos hábitats, modificarían os mananciais onde beben os cabalos. Estes tamén sufrirían o tránsito de camións e o ruído das aspas, espantando ós animais. Ademais a apertura de pistas podería facilitar o traballo dos ladróns de cabalos, un dos grandes problemas de Sabucedo.

Afirmaba que ó ser animais salvaxes son en boa medida incontrolables e a súa resposta ata certo punto descoñecida na nova paisaxe. Algo que non aparece recollido na avaliación ambiental xa aprobada de dous dos proxectos. Trataríase dunha ameaza real ó que para un dos grandes mamíferos en liberdade de Europa e para unha das tradicións máis coñecidas do noso territorio.

Detalle do cartaz contra os eólicos / foto Rapa das Bestas

Pode que che interese...