fbpx
Petróglifo da Pena Bicuda de Loureiro no Monte Piquiño / foto Noel Feans para o Colectivo A Rula

Quere coñecer nas noites de verán os conxuntos de petróglifos máis próximos a Compostela?

Tempo de lectura: 2 min.

A comarca de Santiago de Compostela conserva un dos conxuntos de arte rupestre ó aire libre máis importantes de Galicia e de Europa. Trátase dun rico conxunto de petróglifos que se espalla polos concellos da contorna e dos que a maioría deles foron descubertos nas últimas dúas décadas.

Un dos grandes responsables do descubrimento, catalogación e promoción destes xacementos foi o Colectivo a Rula. Un Colectivo que, ó longo deste verán, e en colaboración do Concello de Teo, organizará un ano máis unhas novas andainas nocturnas para descubrir este rico patrimonio. Será a VIII edición das andainas nocturnas ós petróglifos teenses.

Trátase duns roteiros completamente de balde que o Concello de Teo e o Colectivo ofertarán para coñecer, ó longo de tres noites de verán, os petróglifos da Angueira, o monte do Piquiño e a Fraga. Os roteiros que se desenvolverán a partir do solpor, das 20, 21 ou 21.30 horas, terán unha distancia de ó redor de 5 quilómetros e unha duración dunhas 2-3 horas.

As visitas este ano terán novos treitos con novos petróglifos e de entre elas destaca unha nova ruta nocturna ata a fraga de Mallos-Agromaior pola ribeira do Ulla. Todas elas cumprirán estritamente cos protocolos Covid-19 e estarán estruturadas en grupos dun máximo de 25 participantes. Pódese participar enviando un correo ó Departamento de Cultura do Concello de teo, entradascultura@teo.gal ou no teléfono do Concello.

VIII Andainas nocturnas ós petróglifos teenses / foto Noel Feans para o Colectivo A Rula

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: