Santiago de Compostela, un dos 100 mellores lugares do mundo para a revista TIME
Santiago de Compostela é un dos 100 mellores lugares do mundo para visitar neste 2021. Pois así o considera a prestixiosa revista TIME, que acaba de incluír a capital galega na súa The World´s Greatest Places of 2021. Trátase dunha selección dos 100 lugares máis destacados de todo o mundo para visitar neste ano.
Segundo a revista, unha das publicacións máis prestixiosas do mundo, este ano é a ocasión perfecta para visitar a cidade galega. Entre os motivos está a celebración do seu Ano Santo, unha catedral recén rehabilitada e liberada de estadas nas súas fachadas. Tamén polo seu Camiño, pois TIME subtitula a entrada referente á nosa cidade como “Unha singular peregrinación”.
Introducing the World’s Greatest Places of 2021—100 extraordinary destinations to explore https://t.co/atph3A9X2r pic.twitter.com/IHsyzF92iD
— TIME (@TIME) July 20, 2021
E é que a revista recolle cada ano unha nominación de lugares, rexións, cidades, vilas ou mesmo países, de especial interese con especial atención a aqueles que ofrecesen experiencias ou acontecementos singulares. Así, este ano Santiago é unha das cinco cidades peninsulares recollidas na listaxe, xunto con Cáceres e Madrid en España e Coimbra ou Arouca en Portugal.

Fachada do Obradoiro de Santiago de Compostela no solpor / foto Bradiporap CC0
Para saber máis: Podes consultar a entrada con toda a listaxe de The World´s Greatest Places of 2021 na propia revista TIME neste link. Podes consultar tamén a propia entrada á cidade de Santiago na listaxe neste outro. Pode consultarse tamén a nova e a valoración na web de Santiago Turismo.