fbpx
Adelina Franco 'A Jabalina' en Santa María de Xeve. | Fonte: Fonte: Ángela Rivas Fontán.

Adelina a ‘Jabalina’, recuperando as historias das mulleres anónimas que fixeron Galicia

Tempo de lectura: < 1 min.

A historia de Adelina a Jabalina é unha desas historias nas que unha persoa, por mor das súas singularidades, se convirte en personaxe. En patrimonio inmaterial dunha vila, imaxinario colectivo das xentes. Chamábase Adelina Franco e foi unha muller moi alta, de pelo curto e pel cuberta de costras, moura, de ollos fondos, andaba descalza, vestida con trapos, ao lombo con sacos e un can pequecho ao que chamaba Luisiño.

Natural de Xeve e de sobra coñecida tamén por Pontevedra, andaba pola rúa e aínda que tiña propiedades, cobizábase en recunchos. Vendía leña, non lle daba para moito, pero non vendía o carballo. “Iso véndese unha vez e nada máis”, dicía. E como andaba sempre sucia dicíanlle que se fora lavar e ela contestaba: “tanto lavarse, tanto lavarse, así hai tanto tuberculoso”. Non facía dano a ninguén pero os nenos tíñanlle medo.Tan alta, descalza, con sacos e así como vestía “era como mirar para un espantallo”, di Ángela Rivas Fontán, que non lle tiña medo pero si “moito respeto”. Toda a súa historia no Galicia Confidencial.

Pode que che interese...