fbpx
campaña de traballo Traballos no Monte Carrio, na parroquia lalinense de Bermés, na procura dunha antiga capela / E.Cuiña-La Voz

Na procura da capela que deu orixe ao misticismo do Santuario do Corpiño

Tempo de lectura: < 1 min.

Alumnas e profesores da Escola Superior de Conservación e Restauracións de Bens Culturais de Galicia están a traballar nunha nova campaña de traballo no Monte Carrio, na parroquia lalinense de Bermés. Nesta ocasión o fan coa colaboración da cooperativa Árbore Arqueoloxía e Restauración e coa da Comunidade de Montes de Bermés, ao abeiro dun convenio de colaboración asinado polas tres institucións participantes.

Cristóbal Fernández, presidente da xunta reitora da comunidade de montes de Bermés, afirma que os veciños da zona, por tradición oral, sabían que alí había unha capela que a tradición oral di que a antecesora da Virxe do Corpiño, o que non sabían era onde estaba ubicada. «Agora que xa sabemos onde está queda a segunda parte, redescubrila», explica en declaracións a La Voz.

Elena Taboada é arqueóloga da cooperativa Árbore e Arqueoloxía e principal responsable da escavación destaca que os restos atopados pertencen a unha capela e que podería ser do século XV aproximadamente, aínda que «temos que estudar ben os restos pero movémonos un pouco nesa cronoloxía», destaca. Toda a información en LVG.

Pode que che interese...