Tempo de lectura: 2 min.Veciños do Burgo, no Concello de Baiona, puxéronse en contaco este mércores con distintas entidades de defensa do patrimonio para denunciar que se estava levantando un escenario para o festival do Barbeita Season Fest nos restos do castro de Santa Marta.
Segundo o PXOM municipal, a parcela atópase dentro da área de respeto arqueolóxico do Castro de Santa Marta e cualificado con Protección ARqueolóxica Integral (PAI) de Grao I. De acordo con ese mesmo plan urbanístico, calquera intervención que afecte a un elemento recollido no catálogo municipal ou ao seu contorno de protecció
n, estará supedidata a autorización previa por parte da Consellería de Cultura.

Os veciños denunciantes aseguran que, en ningún momento, se pediu autorización algunha a concello ou consellería. Con todo,
desde a a organización do evento defenden que a infraestrutura “non está tocando o castro” e que está fora da zona de protección. “Son terreos que pertencen ao concello de Baiona que foi que nos deu os permisos para montar o escenario”, aseguran.Colaboradores de Historia de Galicia que viven en Baiona aseguran que
é “difícil de determinar” a afectación deste escenario xa que o castro está xa moi modificado e, ademais, sen escavar, o que fai moi difícil determinar o seu nivel de destrución. Nel hai numerosas construcións feitas, especialmente, no último cuarto do século XX, pero tamén outras que levan xa máis dun século como a propia igrexa ou unha factoría de conserva. “Aí lévanse celebrando toda a vida as festas de Santa Marta, é un aparcadoiro de autocaravanas e o Barbeira Fest xa se ten celebrado outros anos no mesmo sitio. Tamén na mesma contorna celebrouse este ano outro festival de música dos anos oitenta”, apunta este colaborador.