fbpx
Cartas da busca de imaxes antigas de Vimianzo

Vimianzo recolle imaxes antigas para preservar a memoria colectiva do concello

Tempo de lectura: < 1 min.

O Concello de Vimianzo impulsa a iniciativa de recompilación de imaxes antigas para lembrar o pasado e a memoria colectiva do municipio. Para iso, as persoas en posesión de fotografías antigas das parroquias de Vimianzo, Baíñas, Berdoias, Calo, Carantoña, Cereixo, Salto, Treos e Tines poderán poñerse en contacto co Concello no 981 716 001 extensión 1307 ou no enderezo electrónico desenvolvemento.local@vimianzo.gal.

Esta iniciativa encádrase dentro do proxecto de exposición fotográfica “Translatio e Camiños de Santiago nas terras dos Condes de Altamira”. É por isto que só nove das catorce parroquias se requiren para a recolección do materia, xa que son estes lugares os que están relacionados co Camiño de Santiago.
A concelleira de Cultura, Rosa Blanco, insiste que “calqueira veciña e veciño destas parroquias poden formar parte do proceso colaborativo achegándonos as fotos dixitalizadas ou en formato físico”.

Pode que che interese...