fbpx
Escavación nos Conventos, na Pobra do Brollón, onde se cre que existe un antigo mosteiro na Ribeira Sacra / Adegas da Memoria

Como as comunidades rurais foron construíndo a paisaxe na Idade Media

Tempo de lectura: < 1 min.

Baixo o título “A construción da paisaxe galega entre a tardoantigüidade e a Idade Media: socalcos, campesiñado e cristinianismo”, preséntanse na Pobra do Brollón unhas xornadas que poñen en valor o discurso alternativo das comunidades rurais á hora de darlle personalidade a un territorio nun momento histórico concreto.

A intención destas xornadas é recoller os resultados de diferentes proxectos que se están desenvolvendo en Galicia arredor da construción da paisaxe galega nun período que foi clave durante a Alta Idade Media e do que, grazas a eles, estamos comezando a comprender na súa verdadeira dimensión. De feito, os resultados están mostrando un discurso alternativo ao hexemónico no que as comunidades rurais teñen moito que dicir.

A maior parte son proxectos construídos dende abaixo, participados pola sociedade e liderados por investigadoras e investigadores novos, cuxos obxectivos e desenvolvemento contrastan cos procesos que, dende arriba, teñen lugar en paisaxes como as da Ribeira Sacra. Non obstante, estes discursos tamén deberán integrarse porque forman parte da propia construción identitaria da actual Ribeira Sacra. Máis en Xornal de Lemos.

Pode que che interese...