fbpx
Castro da Roda de Salcedo, na Pobra do Brollón, parcialmente queimado / Árbore Arqueoloxía - CG

O castro que parou un incendio: “Parece que os mouros botaron unha man”

Tempo de lectura: 2 min.

A Roda é un castro que está moi ligado á memoria da xente de Salcedo. Ten moitas lendas asociadas a el, moi gardado no folclore e das tradicións”. Quen así fala é Benito Vilas, arqueólogo de Árbore Arqueoloxía e director da intervención noutro xacemento intervido este verán en Salcedo: as Penas do Castelo.

En declaracións ao Cultura Galega, Vilas destacou aforte conexión que existe entre este castro e a comunidade local para evitar unha nova desfeita nun dos grandes xacementos do país.

E é que o castro da Roda ardeu parcialmente no voraz lume que afectou a pasada semana a tres concellos do sur de Lugo, entre eles, o de Pobra do Brollón, e que comezou no de Ribas de Sil. Ardeu si, pero puido ser peor. O técnico do lume nesa zona mandou buldozers para desbrozar monte e evitar que o lume chegara a unha aldea. Pero Teddy López, presidente da comunidade de montes de Salcedo, freounos case no último momento. “Por aquí non, ide máis abaixo que aí está a Roda“, ordenou.

A Roda é un castro empoleirado no alto dunha ladeira que baixa ata o río. E, efectivamente, foron máis abaixo. O lume chegou, pero parou. Un fenómeno máxico só entendible polo poder invisible que emanan os restos do noso patrimonio.  “Ao chegar o lume ao castro, o vento virou de súpeto e o avance do incendio cara a aldea freouse. Parece que os mouros botaron unha man!”, dixo a CG unha testemuña entre risos.

Comparativa fotografía / modelo 3D a partir de datos LiDAR (Xunta de Galicia). Foto: Árbore Arqueoloxía / culturagalega.gal

Outra visión do castro

Os técnicos do concello e máis o arqueólogo acudiron a verificar o impacto do lume sobre o xacemento. E alí puideron apreciar que, finalmente, os danos foron menores. Queimouse, si, pero superficialmente, o que deixou ver, por outra banda, a espectacularidade dun xacemento limpo, no que se ven con claridade a croa circular e unha serie de parapetos e foxos concéntricos ao redor dela que antes, coa maleza, non se distinguían.

A través de fotografías de terra e un voo de drone, os ténicos obtiveron unha secuencia fotográfica única, habitualmente inzados de maleza e bosque. As fotografías son quen de amosar mesmo características que non son facilmente apreciables nas visualización LiDAR do sitio arqueolóxico. Toda a reportaxe de Manuel Gago en Cultura Galega.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: